Monday 29 de April de 2024

Alternativa presenta o luns no Casino a súa candidatura para acceder a María Pita


Chema Paz Gago presentará a súa candidatura ao completo nun acto que terá lugar o vindeiro luns, día 27, ás 20 horas, no salón de actos do Sporting Club Casino da rúa Real da Coruña. Será un acto no que estarán presentes, ademais dos numerosos simpatizantes da Alternativa, o presidente Ángel García Seoane.

Ademais de ir presentando unha a unha as persoas que o acompañarán como candidatos e as temáticas principais que cada unha delas abandeirará durante proceso electoral, realizarán un repaso político á política local, que necesita dunha forza independente, participativa, con visión metropolitana e exenta de compromisos partidistas alleos para rexenerar a actual decadencia política da cidade.

Alternativa poñerá o acento da súa campaña en asuntos como o benestar da cidadanía, a rexeneración urbana, a sustentabilidade ambiental, o respecto aos animais e a responsabilidade metropolitana que debe ter a capital como cabeceira da área máis dinámica de Galicia, para conseguir ser o principal centro económico e urbano do noroeste peninsular.